Acordo entre Augas e Cesga para aumentar a capacidade de predición do risco de inundacións

A colaboración entre ambas entidades terá vixencia ata finais de 2025 e poderá ser prorrogado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2021 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta autorizou a colaboración entre a Consellería de Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, e a Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (Cesga), en materia de cálculo intensivo do sistema 'Merlín' de alerta temperá para a predición de risco de inundacións nos ríos da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa. Este acordo ten por finalidade incrementar a capacidade de predicir de forma temperá o risco de inundación nas concas dos ríos da demarcación Galicia-Costa, de competencia da Administración autonómica, para optimizar así o funcionamento do sistema punteiro 'Merlín'.

Tras ser pioneira desde 2004 coa posta en marcha do sistema 'Artemis', Augas reivindica que traballa agora na implantación do sistema 'Merlín', que supón un gran avance na predición e na xestión dos riscos de inundacións no ámbito xeral e zonal, cun alto nivel de precisión e fiabilidade. Segundo o convenio autorizado este xoves, Augas proporcionará á Fundación Cesga os códigos e actualizacións das aplicacións do sistema 'Merlín', para o que achegará un orzamento estimado de máis de 56.000 euros.

Pola súa banda, a fundación proporcionará o soporte necesario para o mantemento e almacenamento e actualización do sistema 'Merlín' nas instalacións do Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia. O acordo terá vixencia ata finais de 2025 e poderá ser prorrogado.

Inundacións en Carballo (A Coruña) temporal choiva. EUROPA PRESS - Arquivo
Inundacións en Carballo (A Coruña) temporal choiva. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta