Temas: FUNCIONARIO CSIF

As xefaturas territoriais poderán ser ocupadas por persoal sanitario, docente ou xustiza, denuncia o CSIF

CISF lembra que, ata agora, os postos de subdirección xeral ou xefaturas de servizo podían estar ocupados por persoal de sanidade, docencia ou de xustiza "a condición de que gardasen relación directa" coas competencias desta área.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2021 | Actualizada ás 20:02

Comparte esta noticia

As emendas que o PPdeG incorporará á lei de medidas fiscais e administrativas inclúen novas modificacións que afectan o ámbito da función pública, un aspecto no que CSIF chama a atención, xa que os cambios suporán a posibilidade de que accedan a xefaturas territoriais, a partir de 2022, persoal sanitario, docente ou da Administración de Xustiza.

CISF lembra que, ata agora, os postos de subdirección xeral ou xefaturas de servizo podían estar ocupados por persoal de sanidade, docencia ou de xustiza "a condición de que gardasen relación directa" coas competencias desta área.

Coas emendas, os postos de xefaturas territoriais poderán ser cubertas tamén por persoal sanitario, docente e xustiza, uns postos que, advirte o sindicato, teñen "un marcado carácter e contido político, polo que a súa cobertura queda reservada en exclusiva para destacados membros do aparello do PP".

O sindicato lamenta como outra "gran medida" de mellora da lei de emprego público que os populares "pretenden ampliar o catálogo de postos directivos nos entes instrumentais". "Desta guisa, a partir de agora, os entes instrumentais poderán incrementar a súa estrutura creando postos similares ás vicesecretarías xerais, subdireccións xerais, secretarías territoriais, e xefaturas territoriais", sinala o sindicato.

CSIF augura que estes postos "serán cubertos a dedo e, na maioría dos casos, por persoas que non teñan a condición de empregados públicos e cuxo mérito será ser destacados membros do 'aparello' ou exparlamentarios ou exalcaldes que non revaliden o seu cargo".

Representantes do CSIF
Representantes do CSIF

Temas: FUNCIONARIO CSIF
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Que foi dos xefes de servizo de Atención Primaria que dimitiran no 2018 na área de Vigo ? Supoño que serían sobradamente reemprazados por "colaboracionistas" do SERGAS ? Pero non volvemos saber nada deles é coma se os tragase a terra ?