A Xunta implementa a súa política forestal cunha plataforma que garante a rastrexabilidade dos seus produtos

Grazas a esta ferramenta, obtense unha dirección URL do produto que se pode inserir en forma de código QR na súa etiqueta, para que calquera cliente ou consumidor poida consultar a súa información a través dun dispositivo móbil, en galego, castelán ou inglés.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2021 | Actualizada ás 20:28

Comparte esta noticia

O Goberno galego impulsa unha ferramenta dixital que permite ás empresas forestais de Galicia garantir ante os consumidores a orixe, a rastrexabilidade e a pegada de carbono dos seus produtos.

O Consello da Xunta analizou un informe este xoves sobre a plataforma 'Fortra', a disposición das empresas de forma gratuíta e voluntaria, coa que se busca promover o uso de produtos de proximidade, así como as compras "responsables e respectuosas" co medio ambiente.

Grazas a esta ferramenta, obtense unha dirección URL do produto que se pode inserir en forma de código QR na súa etiqueta, para que calquera cliente ou consumidor poida consultar a súa información a través dun dispositivo móbil, en galego, castelán ou inglés.

Así, antes de comprar unha mesa ou unha tarima se escanearía ese código, que informaría o lugar de Galicia do que provén a madeira, sobre as especies forestais empregadas, sobre os seus permisos de curta ou sobre os certificados de sustentabilidade cos que conta.

Explotación De Eucaliptos No Norte De España ©SÉ/Birdlife. SÉ/BIRDLIFE
Explotación De Eucaliptos No Norte De España ©SÉ/Birdlife. SÉ/BIRDLIFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta