As entidades de menores piden unha lei da infancia para Galicia, con 130.000 nenos na "pobreza ou risco de pobreza"

"Todo o que non sexa previr, é chegar tarde", advirten as voces que traballan con nenos e adolescentes

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/11/2021 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

"Todo o que non sexa previr, é chegar tarde". Esta máxima foi fío condutor nunhas xornadas organizadas na sede da Valedora do Pobo para conmemorar o Día Universal dos Dereitos da Infancia e na que, ademais, o informe da Plataforma de Organizacións de Infancia Galicia, cuxo presidente, Xesús María Vilas Otero, advertiu de que uns 130.000 nenos en Galicia están en situación de "pobreza ou risco de pobreza", é dicir, "un de cada tres".

Xornada oolo Día Universal dos Dereitos da Infancia
Xornada oolo Día Universal dos Dereitos da Infancia | Fonte: Europa Press.

Neste sentido, advertiu do crecemento da pobreza infantil, que está nun 33,5 por cento, por enriba da media do Estado a pesar de que ata agora sempre estivera varios puntos por baixo. "Temos moi claro que ten unha relación moi directa co que sucedeu na pandemia", asegurou Vilas Otero, quen neste sentido advertiu de que as "secuelas" aínda están por chegar.

"Non sabemos como imos medir os atrasos (no ámbito escolar) do confinamento, a saúde e atención pediátrica que non foi a que tiña que ser", puxo como exemplo. "A pandemia non foi unha boa nova para a defensa dos dereitos dos nenos de Galicia", advertiu.

Ademais, na súa intervención, o representante das entidades que traballan con nenos e adolescentes reclamou que Galicia lexisle a súa primeira Lei da infancia, na que se recolla unha carta de dereitos para un colectivo que ten unha "moi baixa" esperanza de "ser crido" e, algo que ocorre en dúas de cada tres nenos, en palabras da psicóloga especialista en violencia infantil Elena Rodríguez, quen realizou un relatorio en liña durante a xornada que abriu a valedora do Pobo, Doloores Fernández Galiño.

E esta cuestión, advertiu a psicóloga, leva que cando un neno pide axuda, o nivel de "sufrimento" xa é "moi elevado", algo no que puxo especial fincapé cando se trata de casos de acoso escolar, nos que o temor a "non ser atendido" multiplícase " por dez", e en violencia sexual, dúas das cuestións sobre as que se profundou nesta xornada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta