Ratificada a continuidade de "todos os contratos de emerxencia Covid" pola actual situación

"Son 738 contratos que, dada a situación que estamos a vivir neste momento e a previsión, vanse a renovar", explicou o titular de Sanidade, Julio García Comesaña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2021 | Actualizada ás 16:09

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, ratificou este venres a continuidade de "todos os contratos de emerxencia Covid" en función da situación pola pandemia na Comunidade galega, na que os casos activos rozan os 2.000, tras case 300 novos contagios.

En declaracións aos medios en Pontevedra, Comesaña destacou a "noticia importante" acordada este xoves con organizacións sindicais que supón "a renovación deses contratos de emerxencia Covid que se vai a facer".

"Son 738 contratos que, dada a situación que estamos a vivir neste momento e a previsión, vanse a renovar", explicou o titular de Sanidade, en relación a "todos os contratos de emerxencia Covid" que estaban a traballar ata agora.

"Van seguir en función desta situación que estamos a vivir agora e en previsión de que poida empeorar, que esperemos que non sexa así grazas de novo ao sentidiño de todos os galegos e ao traballo inmenso dos sanitarios", concluíu.

O conselleiro de Sanidade en Pontevedra.. XUNTA
O conselleiro de Sanidade en Pontevedra.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta