O PPdeG reivindica o poder da sociedade civil na loita contra a violencia machista

"É un compromiso de todas a administración públicas pero ten que ser, sobre todo, un compromiso do conxunto da sociedade", declarou Miguel Tellado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2021 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, reivindicou o poder da sociedade civil na loita contra a machista, á vez que puxo de exemplo "o compromiso coa igualdade, o esforzo e a sensibilidade social" da empresa Rosa dos Ventos que, da man do Concello de Marín, forma parte dun programa para empregar a vítimas.

Na visita ás instalacións da planta, pertencente ao sector da transformación de produtos do mar, manifestou que "a loita contra a violencia de xénero é un compromiso de todas a administración públicas pero ten que ser, sobre todo, un compromiso do conxunto da sociedade", antes de incidir en que cada persoa pode achegar desde as súas posibilidades.

Acompañado pola vicesecretaria de Igualdade do PPdeG, Raquel Touriño, o número dous dos populares galegos recalcou que o emprego "abre as portas da liberdade ás mulleres", un acceso que permiten empresas como Rosa dos Ventos, que exerce "un labor social tremendamente importante" nunha loita na que "non valen as siglas, as bandeiras, nin as pancartas".

Segundo destacou, actuacións como as desta fábrica, fundada pola familia Otero na década dos 90, permiten construír "unha sociedade máis xusta, igualitaria e con tolerancia cero ante a violencia de xénero".

Agradeceu tamén o compromiso da alcaldesa de Marín, María Ramallo, e do seu goberno municipal, que "fan posible que programas para a contratación de persoas que padeceron os efectos deste tipo de violencia se poidan levar a cabo".

Tellado (PPdeG) visita as instalacións da empresa Rosa dos Ventos.. PPDEG
Tellado (PPdeG) visita as instalacións da empresa Rosa dos Ventos.. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta