Capsa e Lactalis informan de que as súas marcas seguen nos supermercados e rexeitan "prácticas ilegais"

Defenden un "firme compromiso" cos seus gandeiros e chaman ao "diáloo e á procura de solucións".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2021 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

As compañías Capsa e Lactalis informaron de que as súas marcas continúan nos lineais de supermercados, despois de que Unións Agrarias retirase cartóns de leite destas industrias en supermercados de Santiago durante este venres. Nun comunicado, Capsa (que engloba a marcas como Larsa) rexeitou as "prácticas ilegais" e "as falsidades vertidas" contra a compañía.

Respecto diso, mostra o seu "firme compromiso" cos seus gandeiros e con "todos" os elos da cadea de valor. Capsa remarca que, entre outubro de 2020 e 2021, realizou "unha subida no prezo do leite próximo a tres céntimos por litro".

Pola súa banda, Lactalis chama ao "diálogo e á procura solucións" entre todos os operadores nun momento de "especial tensión" na cadea láctea. O obxectivo é "garantir a sustentabilidade económica de todos os elos da cadea".

"E, sobre todo, é imprescindible non impulsar accións contra a lei que leven consecuencias xurídicas que non achegarían nesa procura conxunta de solucións", esgrime Lactalis. Considera que o cumprimento de contratos por parte de "todos os operadores da cadea é un suposto básico para tentar avanzar na mellora da situación".

Fume nas inmediacións da planta de Larsa durante unha acción sindical para esixir uns 'prezos xustos' para a produción de leite, a 16 de novembro de 2021, en Robra, Outeiro de Rei, Lugo, Galicia, (España). Apoiados polo sindicato Unións Agrar. Carlos Castro - Europa Press
Fume nas inmediacións da planta de Larsa durante unha acción sindical para esixir uns 'prezos xustos' para a produción de leite, a 16 de novembro de 2021, en Robra, Outeiro de Rei, Lugo, Galicia, (España). Apoiados polo sindicato Unións Agrar. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta