Sae do prelo un novo recetario "seguro" e "con moito gusto" de cociña sen gluten

Prensentarase o vindeiro martes 23 de novembro en Santiago de Compostela.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/11/2021 | Actualizada ás 09:25

Comparte esta noticia

O novo Recetario de Cociña sen gluten, elaborado pola Asociación de Celíacos de Galicia, darase a coñecer o vindeiro martes 23 de novembro. A presentación terá lugar ás sete da tarde no Hotel “Oca Puerta del Camino” en Santiago de Compostela e ademais da Xunta Directiva de ACEGA estarán presentes todo o equipo participante no recetario, así como algúns Chefs dos Hoteles OCA e Pablo Vila, Director de Alimentación y Bebidas de Hoteles OCA España.

Cociña de indución.
Cociña de indución. | Fonte: Google

O recetario contará con mais de 50 receitas recompiladas ao longo do tempo por varios socios e ademais conta con varias receitas dalgúns dos chef dos locais que asesora a asociación, así como a participación de varias marcas comerciais, como Carretilla, Schar, Airos, Torre de Núñez, Gullón.

Dende a asociación destacan que unha das consultas máis habituais é a busqueda de receitas seguras sen gluten, xa que é o único tratamento para a enfermidade celíaca."Cremos que este receitario, que mandaremos de forma gratuita a todos os nosos mais de 2000 socios, será todo un descubrimento e unha gran axuda", apuntan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta