Galicia e Portugal tentarán pór freo á entrada de bivalvos extraídos de forma irregular na costa lusa

Por E.P. | Santiago de Compostela | 19/11/2021 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou este venres o centro que o Instituto Portugués do Mar e da Atmosfera (IPMA) ten en Algés, no distrito de Lisboa, para intercambiar experiencias sobre o control de moluscos bivalvos.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, no centro que o Instituto Portugués do Mar e da Atmosfera (IPMA) ten en Algés, no distrito de Lisboa
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, no centro que o Instituto Portugués do Mar e da Atmosfera (IPMA) ten en Algés, no distrito de Lisboa | Fonte: Xunta de Galicia.

Así, traballan para "frear a entrada" en Galicia de moluscos bivalvos extraídos de modo irregular da costa lusa e que carecen das garantías hixiénico-sanitarias.

Neste encontro tamén participou a directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar), Covadonga Salgado, quen explicou o labor deste laboratorio de referencia no control de biotoxinas mariñas.

O IPMA encárgase do control das zonas de produción de bivalvos en Portugal, unha función que, do mesmo xeito que a do Intecmar, é clave para garantir a rastrexabilidade e a calidade de recursos, así como a súa chegada ao mercado con todas as garantías hixiénico-sanitarias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta