“O camiño cara a emigración de Rosalía” xardín gañador no XI Festival de Xardíns de Allariz

Estimase que na edición deste ano visitaron o festival ao redor de 35.000 persoas, visitantes que puideron deixar uns ingresos de máis de 33.000 euros.

Por X.M. Fernández | Allariz | 21/11/2021 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O xardín galego “O camiño cara a emigración de Rosalía”, do equipo Arquiterras, formado por Sara del Río, Johnatan Carreira e Ana Barxa, acadou o primeiro posto nas votacións dos visitantes ao Festival Internacional de Xardíns de Allariz co 40,74 % dos votos. O premio fará posible, pois, que estea un ano máis no recinto.

Xardín gañador do 'Festival Internacional de Xardíns de Allariz 2021'. Foto: Prensa do concello
Xardín gañador do 'Festival Internacional de Xardíns de Allariz 2021'. Foto: Prensa do concello

O segundo lugar, co 13,27% dos votos, foi para o xardín ”A poesía das Cousas” dos italo alemáns equipo alm_a. E o terceiro posto, cun 10,07% dos votos, recaeu no transgresor ”Un xardín futurista” dos madrileños Equipo Misture.

VALORACIÓNS

A alcaldesa Cristina Cid, que fixo balance económico da XI edición, afirmando que foi ”unha edición moi valorada polo público e con moita actividade ao seu redor”. Estimase que visitaron o festival ao redor de 35.000 persoas que deixaron uns ingresos de máis de 33.000 euros. 

Os números mostran o avance do FIXA --Festival Internacional de Xardíns de Allariz-- que se converteu nun referente para o mundo da empresa do paisaxismo. A asemblea anual de AGAEXAR, a asociación Galega de Apicultura ou outras relacionadas o turismo coma Garden Tours ou Bomarzo son parte dos exemplos de que o festival internacional de Xardíns, ademais de ser un dos principais atractivos turísticos da localidade, é un motor económico de referencia para o sector.

ENCAMIÑANDO UNHA NOVA EDICIÓN

O FIXA está a recibir os novos deseños para o vindeiro concurso. O prazo continua aberto ata o día 30 de novembro para recibir as propostas para o ano 2022. Baixo o lema ”Xardíns  terapéuticos, deseños que curan” tratarase a importancia dos espazos verdes para a saúde física e mental das persoas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 GalegON

Que gran iniciativa e que froitos lles está dando. Parabéns!