Galicia supera os 2.000 casos Covid, o dobre que hai unha semana

Na última xornada rexistráronse 360 contaxios. A taxa de positividade estala e sitúase no 9'79%. Por contra, as hospitalizacións seguen en 63 persoas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2021 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

Galicia supera xa a barreira das 2.000 infeccións activas, con 2.259, o dobre das que se rexistraron hai xusto unha semana, 1.077. Tamén se duplican os contaxios, 360, cando o sábado pasado eran 134; así como a taxa de positividade, que alcanza o 9,79% --o sábado pasado estaba no 4,85%--. Os hospitalizados tamén soben desde a semana pasada, con 14 hospitalizados máis, 63 en total.

Respecto das últimas 24 horas, Galicia conta con 284 casos activos máis e 65 contaxios máis, cunha taxa de positividade que se incrementou nun 2,45%. Ascende tamén o número de hospitalizados a 63 --catro máis--. Segundo os datos publicados na mañá deste sábado pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste venres, mantéñense 12 persoas ingresadas en UCI pola Covid en toda Galicia e aumentan a 51 as hospitalizadas noutras unidades --catro máis--.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta en cinco das sete: Pontevedra-O Salnés, Lugo, Santiago-Barbanza, Ferrol e A Coruña; alíviase na de Ourense e mantense sen cambios en Vigo.

A de Pontevedra e O Salnés conta con catro pacientes en planta --dous máis-- e segue sen ingresados en críticos; na de Lugo hai dous hospitalizados en planta --unmáis-- e xa ningún en UCI; a de Santiago e Barbanza rexistra dous pacientes en UCI --un máis-- e mantén a catro noutras unidades; Ferrol continúa con tres pacientes Covid en UCI e rexistra sete noutras unidades --un máis-- e A Coruña rexistra tres en críticos --sen cambios con respecto á xornada anterior-- e 14 noutras unidades --uno máis--.

No caso da de Vigo mantense sen cambios, con tres pacientes covid en UCI e 11 noutras unidades, e na de Ourense segue un en críticos e baixan a nove os doutras unidades --uno menos--.

MÁIS DE 2.000 INFECCIÓNS

Galicia acumula 20 xornadas consecutivas de aumento de casos activos de Covid-19, que ascenden a 2.259, o que implica 284 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (360) que altas (76). De novo as infeccións activas ascenden nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Vigo á cabeza (+86), seguida da de Ourense (+85), A Coruña e Cee (+31), Pontevedra e O Salnés (+26), Lugo (+13), Santiago e Barbanza (+11) e Ferrol (+3).

Por iso, con máis casos continúa a área de Ourense, con 575; seguida da de Vigo, con 516; A Coruña e Cee, con 414; Lugo, con 224; Santiago e Barbanza, con 182; Pontevedra e O Salnés, con 196; e á cola mantense a de Ferrol, con 123. Segundo os datos actualizados na tarde deste venres pasado polo Ministerio de Sanidade, Galicia conta cunha taxa a 14 días de 73,58 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media de España ascende a 104,29.

MÁIS DE 300 CONTAXIOS

Os novos contaxios de covid-19 alcanzan xa os 360 --desde o mércores 10 de novembro superan o centenar-- e tras iniciar a semana con 136. A cifra máis baixa desde que Galicia entrou en niveis de 'nova normalidade' rexistrouse o luns 11 de outubro, cando houbo 14. 

Varias persoas camiñan por unha vía, a 23 de outubro de 2021, en Vigo / Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press. / Europa Press
Varias persoas camiñan por unha vía, a 23 de outubro de 2021, en Vigo / Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press. / Europa Press

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade, desde o inicio desta crise sanitaria efectuáronse 2.948.623 PCR en Galicia, que constitúen 3.707 máis que as contabilizadas ata o día anterior. En canto á taxa de positividade das probas PCR --número de infeccións detectadas cada 100 test--, continúa en ascenso e sobe ata o 9,79%, tras o 7,34% da xornada anterior, tras descender o xoves ao 4,63% despois de subir a un 5,21% o mércores, baixar ao 2,43% o martes e comezar esta semana co 3,93%. Deste xeito, supera por segunda vez en tres días o limiar do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

FALECIDOS E CURADOS

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia no conxunto de Galicia mantéñense en 2.662, ao notificar este venres a Consellería de Sanidade unha vítima máis. O último deceso vinculado á covid-19 é o dunha muller de 90 anos que faleceu o pasado xoves na Clínica Santa Teresa de Ourense. Segundo a Consellería de Sanidade, tiña patoloxías previas.

Pola súa banda, 180.861 persoas diagnosticadas de coronavirus curáronse en toda a Comunidade galega desde o comezo desta crise sanitaria, que representan 76 máis que as rexistradas ata o día anterior.


Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta