A Xunta presume de atender a saúde mental no Sergas malia as críticas do sector

Sindicatos e asociacións denuncia a escasa dotación de medios na área.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2021 | Actualizada ás 15:20

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, recalcou este sábado, na inauguración da XXIX Reunión da Asociación Galega de Psiquiatría, que a prevención dos problemas de saúde mental e do suicidio é "unha das liñas estratéxicas" do seu departamento. É por isto que, como sinalaron nun comunicado, o Executivo puxo en marcha o Plan de Saúde Mental de Galicia 2020-2024, co que se prevé crear máis de 200 novas prazas e habilitar máis recursos e servizos para a atención destas enfermidades.

"A día de hoxe, o Sergas xa incorporou a 95 dos 120 profesionais previstos para os dous primeiros anos do Plan. Grazas a esta medida, creáronse novas unidades de saúde mental de atención ambulatoria, tanto no ámbito infanto-xuvenil como no de adultos; e reforzáronse os equipos de atención domiciliaria, de psicogeriatría e dos hospitais de día", informou o conselleiro.

Con este plan, engadiu Comesaña, arrincaron unidades de atención especializada a persoas en risco de suicidio, "que contan cun equipo específico de profesionais composto polo persoal de psicoloxía, psiquiatría e enfermaría". Para 2022, o Sergas ten previsto crear 43 novas prazas en diferentes categorías.

A este respecto, lembraron que Sanidade convocou por primeira vez este ano, unha liña específica de subvencións para as entidades sociais que desenvolven programas de prevención do suicidio e, "desta forma, contribuír á concienciación da problemática e detectar situacións de risco".

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, comparece ante a Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos para explicar os orzamentos do seu departamento para o próximo ano.. XOÁN CRESPO
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, comparece ante a Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos para explicar os orzamentos do seu departamento para o próximo ano.. XOÁN CRESPO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta