Morre un home tras caer da moto que conducía na Laracha

O accidente produciuse na medianoite entre o sábado e o domingo. Ao chegar ao lugar, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento do home.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2021 | Actualizada ás 10:57

Comparte esta noticia

Un motorista morreu na medianoite entre o sábado e o domingo tras caer do vehículo que conducía no municipio coruñés da Laracha. Segundo informa o 112 Galicia, o accidente ocorreu a escasos minutos das 00,00 á altura de Cancelo de Abaixo, no quilómetro 23,200 da AC-552.

Sobre esa hora, un particular contactaba coa central de emerxencias porque acababa de ver desde a súa casa como o motorista caeu e estaba tirado no chan. Así, o 112 pasou o aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Garda Civil de Tráfico, mentres que tamén se puxeron os feitos en coñecemento dos bombeiros de Carballo. Ao chegar ao lugar, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento do home

Accidente de circulación entre un turismo e unha motocicleta
Accidente de circulación entre un turismo e unha motocicleta | Fonte: POLICÍA LOCAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta