O Concello da Coruña traballa en concienciar á mocidade sobre a violencia de xénero

A programación do Concello da Coruña para reivindicar este 25N comezou a semana pasada con accións nalgúns centros educativos e continuará ata o 23 de decembro. A temática dos actos será moi variada.

Por E.P. | A CORUÑA | 22/11/2021 | Actualizada ás 18:09

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña promove un programa para concienciar sobre a violencia de xénero con motivo do 25N, Día Mundial da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, segundo informou a concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación, Yoya Neira, na presentación das activiades. As mesmas realizaranse dentro da campaña 'Se crees que non existe, fai que non exista. Lidera o cambio' nunhas accións que teñen como obxectivo a mocidade.

A edil aludiu a un estudo que apunta que un 20% dos mozos nega a existencia da violencia de xénero e catalógaa como un invento ideolóxico. "A realidade que mostra este estudo levounos a reformular os nosos programas educativos en materia de igualdade para facelos máis participativos e interesantes para conseguir chegar á mocidade", comentou Yoya Neira.

A programación do Concello da Coruña para reivindicar este 25N comezou a semana pasada con accións nalgúns centros educativos e continuará ata o 23 de decembro. A temática dos actos será moi variada. Haberá ciclos de charlas, talleres sobre independencia emocional ou actividades de sensibilización.

Por outra banda, o concelleiro de Educación, Jesús Celemín, presidiu, no centro sociocultural Ágora, a entrega de premios do XII Taller e Concurso Galego de Robótica, que se celebrou coa participación de 23 centros educativos de toda Galicia e catro da Coruña.

A concelleira Yoya Neira presenta os actos programados polo consistorio coruñés con motivo do 25N. ANDY PEREZ
A concelleira Yoya Neira presenta os actos programados polo consistorio coruñés con motivo do 25N. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta