Os opositores da Coruña terán unha sala de estudo específica para eles na biblioteca do Círculo de Artesáns

O concello tamén acometerá a catalogación da biblioteca da institución.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 23/11/2021 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña levará a cabo unha reforma na biblioteca do Círculo de Artesáns para a creación dunha sala de estudo para opositores, que levaban tempo realizando esta demanda.

Así o anunciou a alcaldesa da cidade, Inés Rey, durante a súa visita á institución, na que estivo acompañada pola concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, e o presidente do Círculo de Artesáns, Roberto Parga.

Doutra banda, o Concello tamén acometerá a catalogación da biblioteca da institución, que segundo explicou a alcaldesa, ten "volumes históricos" e é necesario "coidar, catalogar e pór a disposición da cidadanía".

Proximamente, o Círculo de Artesáns celebrará o seu 175 aniversario. A rexedora coruñesa expresou que esta sociedade forma parte da "memoria colectiva" e que por tanto hai que "potenciala, coidala e dala a coñecer".

Ordenador portátil nunha biblioteca
Ordenador portátil nunha biblioteca | Fonte: XUNTA - Arquivo

Biblioteca da USC durante a 'nova normalidade'. USC
Biblioteca da USC durante a 'nova normalidade'. USC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta