Se che fixas, eu non comparo a xente do BNG co santoral, iso, de primeiro.
En 2º lugar, eu tampouco teño unha bola de cristal, e ti tampouco, só teño previsións. E as miñas son que en Ferrol nos mantenemos e en coruña e Lugo aumentamos un concelleiro. Sei perfectamente que non son resultados espectaculares, pero se pensas un descalabro, ti estás peor ca eu.
3º Volvendo o tema dos incendios, que eu sepa, os responsables da consellería estiveron ó pe do cañón, non se foron de caza. Non ocultaron a magnitude do desastre, cando outros serían capaces de dicir: "¿incendios?¿Que incendios?". Este ano, tomaron medidas para que iso non volva a ocorrer unha desgracia de este tipo mentras que para outro tipo de desgracias, hoxe en día, só nos queda rezar para que non volvan a pasar. Ademáis o Conselleiro de Medio Rural, presentou a súa dimisión que non foi aceptada. Mira "de aquí", cando un político do PP ou do PSOE, faga iso, será unha das señais do fin do mundo.
Mira "de aquí", recoñezo que eu non coñezo a todo o persoal do BNG, pero ti menos. Os buscavidas, incompetentes, e demáis ralea, que queiran vivir da política se caracterizan por intentar atopar un partido que lles garantice o de vivir sen traballar o maior tempo posible sempre e cando lle fagan a pelota o mandamás de turno. E curiosamente esto soamentes é posible en dous partidos: PP e PSOE. Algúns curriculums de dirixentes do PSOE e do PP, simplemente poñen os pelos de punta. No BNG, seguro que os ahi..pero iso do 90 % non o cres ti. A maioria das "garrapatas" están noutros lados, onde están mais quentes.
O que nunca entendín, da xente coma ti, é ese odio, que roza o fanatismo, contra todo que cheire BNG. É algo incrible, os regodeais, disfrutais. Parece que todos os problemas de este país o causaron os do BNG, cando a única verdade de isto, é que o BNG nunca gobernou este país. Criticades a máis mínima cousa cando os demáis partidos fan o mesmo ou 100 veces peor. Ti vas a votar PP ou o PSOE, pero non vexo a xente coma ti, que critiquedes o outro coa saña con que atacades o BNG. Sinceiramente, non sei se é autoodio, envexa, querer (votalo) e non poder, medo a que o teu propio partido desapareza..non sei. En fin, vota o PP ou PSOE, da o mesmo, eses seguros que son anxos, e segue crendo en Papa Noel e no ratonciño Pérez.