A nova residencia de Ribeira contará co "novo modelo" deseñado pola Xunta

Contará cun investimento de 10 millóns de euros e capacidade para 100 residentes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2021 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

A localidade coruñesa de Ribeira acollerá a primeira residencia de maiores na que se aplicarán os criterios deseñados pola Administración autonómica para o novo modelo de centros para a terceira idade. Este martes tivo lugar a firma para a cesión da parcela na que se construirá o centro, que contará cun investimento de 10 millóns de euros para unha residencia con 100 prazas distribuídas en módulos de convivencia de 25 residentes "con habitacións individuais e baños adaptados".

"O sistema de coidados do futuro comeza no Barbanza", sinalou a conselleira de Política Social, Fabiola García, encargada de asinar co alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, para a posta en marcha da construción deste centro nunha parcela situada nas inmediacións da praia de Coroso.

Segundo detalla a Xunta nun comunicado, a residencia de Ribeira contará con tecnoloxía orientada a "mellorar o benestar dos usuarios" e que xa se está aplicando no centro de maiores da Estrada . A conselleira incidiu en que o novo centro de Ribeira converterá ao Barbanza "no quilómetro cero do novo modelo residencial de Galicia", que se sustenta en "alicerces" como a colaboración entre o ámbito sanitario e o social, a incorporación de tecnoloxía e o deseño de solucións estruturais e arquitectónicas.

A conselleira de Política Social, Fabiola García.. XUNTA
A conselleira de Política Social, Fabiola García.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta