O sector turístico galego prevé máis dun 90% de ocupación na ponte da Constitución e defende o uso do pasaporte covid

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/11/2021 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

O presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, estima que a ocupación serán de entre o 90% e 95% para a ponte da Constitución do próximo fin de semana. Así o dixo este martes durante a presentación da nova campaña do proxecto 'Galicia destino familiar', que ademais contou coa participación da directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participa na presentación da nova campaña promocional do selo turístico 'Galicia Destino Familiar', impulsada polo Clúster Turismo de Galicia.. CONCHI PAZ
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participa na presentación da nova campaña promocional do selo turístico 'Galicia Destino Familiar', impulsada polo Clúster Turismo de Galicia.. CONCHI PAZ | Fonte: Europa Press

Pardal valorou positivamente os datos de turismo do último ano e insistiu en que o sector hostaleiro "é parte da solución" á hora de enfrontar as consecuencias da pandemia. Fixo fincapé na necesidade de medidas como o pasaporte covid para garantir a seguridade de clientes e traballadores.

Tamén destacou a comunicación constante coa Administración galega para atopar solucións á situación do sector desde o inicio da pandemia.

Pola súa banda, a directora da Axencia de Turismo subliñou a aposta da administración galega por converter Galicia nun destino turístico seguro. Ademais, asegurou que Galicia é a primeira autonomía en planificar estratexias de turismo de forma conxunta co sector.

O responsable do proxecto, Emilio Cuíñas, sinalou durante a súa intervención que a promoción das ofertas e as empresas a través desta plataforma non só está orientada para o turismo estatal, así, destacou o volume de turistas de dentro da propia comunidade e de Portugal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta