Galicia avanza cara ao desenvolvemento da terapia celular CAR-T

Forma parte do proxecto para as tarefas de reforma e adquisición do equipo necesario para o funcionamento do centro de fabricación de inmunoterapias de Galicia.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 23/11/2021 | Actualizada ás 17:48

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade licitou por 726.000 o equipo de fabricación de terapia celular CAR-T. A data límite para a presentación de ofertas é o día 22 do próximo mes.

Representación de células
Representación de células | Fonte: Pixabay.

Esta licitación forma parte do proxecto para as tarefas de reforma e adquisición do equipo necesario para o funcionamento do centro de fabricación de inmunoterapias de Galicia. O centro situarase nas instalacións da Universidade de Santiago de Compostela, segundo o acordado no convenio asinado a universidade e a administración o pasado 27 de maio.

En total, o Executivo galego investirá 2,5 millóns de euros para pór en marcha o centro. O pasado agostou xa sacou a concurso público, por 975.285 euros, o contrato de redacción do proxecto e reparación, adaptación e posta en marcha de salas brancas para o seu uso en terapias celulares avanzadas.

A fabricación de medicamentos CAR-T conta con varios pasos críticos que necesitan dun equipo semiautomático que cumpra con todas as normas e requisitos sobre seguridade, contaminación cruzada e estandarización do produto final. O equipo funcionará nunha habitación pechada onde se minimizarán os erros e farán máis efectivo o mantemento da instalación.

Como parte da iniciativa, e para profundar na innovación deste campo, crearase a 'Unidade de Investigación de terapias celulares avanzadas e medicamentos CAR-T', na que participarán o persoal do novo centro, grupos de Investigación do sistema universitario de Galicia e outros institutos e organismos de investigación sanitaria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta