Só oito de cada 100.000 contratos foron bonificados por violencia de xénero entre 2003 e 2020 en Galicia

Con motivo do Día Internacional contra a violencia machista, UGT e CC OO reclaman "fortalecer os mecanismos de control, aplicación e seguimento" do pacto de Estado en materia de violencia de xénero e que se "asegure a continuidade máis aló de setembro de 2022.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2021 | Actualizada ás 20:26

Comparte esta noticia

Os contratos bonificados por violencia de xénero en Galicia, no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2003 e setembro de 2020 ascenderon a un total de 571, é dicir, supuxeron unicamente o 0,008 por cento do total, oito de cada 100.000 do total da contratación feminina rexistrada.

Son datos achegados por UGT e CC OO, extraídos dos servizos públicos de emprego. Os contratos de substitución sumaron 207, un número "exiguo" que pon de manifesto "que se trata dunha medida que non funciona adecuadamente".

Con motivo do Día Internacional contra a violencia machista, UGT e CC OO reclaman "fortalecer os mecanismos de control, aplicación e seguimento" do pacto de Estado en materia de violencia de xénero e que se "asegure a continuidade máis aló de setembro de 2022.

Tamén reclaman acelerar a aplicación total do Convenio de Istambul de 2011 e que foi ratificado por España en 2014 sobre prevención, asistencia integral ás vítimas e loita contra todos os tipos de violencia contra as mulleres.

Do mesmo xeito, queren que se ratifique o convenio 189 das OIT sobre as traballadoras domésticas. As mulleres con peores condicións laborais "son as máis susceptibles de sufrir acoso sexual e por razón de sexo". Nesta liña, reclaman que "se acelere" o proceso de ratificación por España do convenio 190 da OIT, aprobado polo Consello de Ministros en 2021. "É vital asegurar as contornas laborais libres de violencia e acosos".

REDOBRAR ESFORZOS

Ambos os sindicatos reclaman, así mesmo, redobrar esforzos para garantir o emprego estable e de calidade ás mulleres vítimas de violencias machistas. Ademais de ser "escaso", o emprego que se lles ofrece maioritariamente é temporal.

CC OO e UGT piden recursos para servizos de prevención e atención integral ás vítimas de violencias machistas e garantirlles o carácter permanente. Todo iso, engaden, "implica tolerancia cero contra as violencias machisas, actuar sobre a desigualdade e as discriminacións por razón de sexo e cumprir cos obxectivos da Axenda 2030 de Nacións Unidas, que sitúan a igualdade de xénero e o empoderamiento das mulleres e nenas no centro do desenvolvemento sustentable".

Pola súa banda, os sindicatos reafirmaron o compromiso de "incluír" protocolos de actuacións nas administracións públicas fronte a caos de acoso sexual por razón de sexo e para asegurar a súa atención xurídica e sindical no ámbito laboral. Do mesmo xeito, seguirán "incentivando" medidas de acción positiva na negociación colectiva, plans de igualdade e a formación e sensibilización sobre esta materia.

Manifesto de CCOO e UXT polo 25N. CCOO/UXT / Europa Press
Manifesto de CCOO e UXT polo 25N. CCOO/UXT / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta