Lanzan unha moeda de prata para conmemorar o Xacobeo 21-22

Pesará 12 gramos e valerá 30 euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2021 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

O dobre Ano Santo 21-22 suma un novo fito á conmemoración bianual do Xacobeo coa impresión dun millón de moedas por valor de 30 euros que deseñaron os expertos gravadores a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda. A imaxe do anverso é a icónica Catedral compostelá á que chega unha peregrina, con notas de cor na impresión.

A Real Casa da Moeda elixiu o motivo do Xacobeo para a súa moeda conmemorativa deste ano e para o ano 2022. Trátase dunha moeda de prata, de 18 gramos e cuxo valor facial son 30 euros, e estará á venda en entidades bancarias colaboradoras e, probablemente, na rede de oficinas de Correos, entidade coa que esperan asinar un acordo "proximamente", confirmou en declaracións a Europa Press a directora da Casa da Moeda, María Isabel Valldecabres Ortiz.

A moeda foi presentada este mércores na Casa Consistorial de Santiago de Compostela, nun acto no que interveu o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, o delegado do Goberno, José Miñones, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e a vicepresidenta económica e ministra de Economía, Nadia Calviño, a través dun vídeo. "É unha pequena achega máis, grande en simbolismo, que vale máis que o seu peso en prata", proclamou o delegado do Goberno na súa intervención.

Pola súa banda, o conselleiro de Cultura aproveitou para convidar a todos os representantes de entidades nacionais a "contribuír a facer o Xacobeo que Galicia merece", un evento "transversal, que represente a suma de forzas de todos os participantes", posto que, facendo un símil co Camiño, as etapas "máis duras percórrense mellor en compañía".

Presentación da moeda do Xacobeo. DELEGACIÓN DO GOBERNO
Presentación da moeda do Xacobeo. DELEGACIÓN DO GOBERNO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta