Abanca e sindicatos volven sentar para negociar o axuste pola integración de Bankoa e Novo Banco

Aínda no período informal de negociación, a empresa explicou esta xornada "as supostas causas" para acometer estas saídas de persoal, segundo informan fontes sindicais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2021 | Actualizada ás 15:58

Comparte esta noticia

Abanca e sindicatos mantiveron este mércores unha nova reunión para abordar o axuste de persoal por mor da integración de Bankoa e Novo Banco. En concreto, a medida afectará a uns 350 traballadores e a unha ducia de oficinas.

Aínda no período informal de negociación, a empresa explicou esta xornada "as supostas causas" para acometer estas saídas de persoal, segundo informan fontes sindicais consultadas por Europa Press.

A xuízo dos sindicatos, Abanca parte dun "informe catastrofista sen fundamento", tendo en conta que os datos de Banco de España e da propia entidade financeira son "positivos" e hai beneficios e repartición de dividendos.

Coa vontade de acordar saídas "de mutuo acordo" por parte do banco, as fontes sindicais consultadas pon o foco en que non existen "garantías" pero si "penalizacións fiscais ás indemnizacións" e esixen que calquera saída se faga mediante prexubilacións e sen "recortazo" do convenio.

Oficina de Bankoa/Abanca. ABANCA / Europa Press
Oficina de Bankoa/Abanca. ABANCA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta