Renfe vendeu nun día 60.222 billetes para o AVE a Galicia, que circulará desde o 21 de decembro

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 24/11/2021 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

Renfe vendeu 60.222 billetes con orixe ou destino Galicia (tanto de billetes a prezos promocionais como non) durante a primeira xornada de comercialización do AVE entre Madrid e o territorio galego.

Unha azafata nas portas do tren que vai efectuar unha viaxe polo novo tramo de alta velocidade Pedralba de la Pradería-Ourense, na estación de Madrid-Chamartín na primeira viaxe de probas do AVE a Galicia
Unha azafata nas portas do tren que vai efectuar unha viaxe polo novo tramo de alta velocidade Pedralba de la Pradería-Ourense, na estación de Madrid-Chamartín na primeira viaxe de probas do AVE a Galicia | Fonte: EP

A maioría das prazas promocionais adquiríronse para viaxar as fins de semana e días véspera de grandes desprazamentos, segundo informa a operadora ferroviaria. As prazas en oferta que quedan á venda correspóndense, en xeral, con días 'val', de menor tráfico de viaxeiros.

Con motivo da chegada da alta velocidade a Galicia Renfe lanzou unha campaña ata o 7 de decembro con 250.000 billetes a un prezo promocional de 15 euros, independentemente da orixe e o destino.

Estes billetes promocionais pódense adquirir para viaxar entre o 21 de decembro de 2021 (cando comeza a prestarse o servizo comercial) e o 12 de setembro de 2022.

Renfe, que pide desculpas polos problemas rexistrados na web debido á alta demanda, destaca que a posta en servizo deste corredor traerá aparellada a creación de novos servizos AVE, a ampliación das frecuencias Alvia actuais e unha redución "importante" nos tempos de viaxe desde Galicia ata a capital de España.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ferroviario.

Moi poucos paises do mundo teñen AVE. En toda América ( si, en USA tampouco) non hai alta velocidade, e xa non digamos en Africa. O AVE é a tecnoloxía punta no ferrocarril, e o que lle vai permitir sobrevivir dándolle una ventaxa comparativa ca estrada e mesmo co avión. E o futuro, ainda que a sectores moi resesos lles custe moito traballo admitilo. O sistema ianqui de todo coche e avión non e sostenible. O futuro é o tren.