Ciudadanos fala da "peste do nacionalismo" e o BNG replica que as "nacións oprimidas como Galicia serán soberanas"

Foi no debate das contas do Ministerio de Cultura, que dirixe Miquel Iceta.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 24/11/2021 | Actualizada ás 20:56

Comparte esta noticia

O Congreso dos Deputados acolleu este mércores o debate orzamentario de varios departamentos do Goberno, entre eles, o das contas do Ministerio de Cultura, que dirixe Miquel Iceta. No transcurso da sesión, o deputado de Ciudadanos Guillermo Díaz Gómez reprobou que as contas "tamén en cultura dependen dos nacionalistas" e afirmou que "o nacionalismo é a peste da cultura occidental".

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego | Fonte: BNG.

Á expresión do deputado da formación laranxa, que tamén se referiu a os que queren "impor a pequena nación fronte á patria (España)" e quen acusou o Goberno de "infravalorar a hispanofobia", o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, cualificou o discurso pronunciado inmediatamente antes como "apoloxía do supremacismo español e unha laudatio do colonialismo e imperialismo".

"É a imaxe, precisamente, dun imperio caducado", dixo Rego, quen engadiu que "as últimas nacións oprimidas que quedan, nacións como Galicia, máis pronto que tarde, serán unha república libre e soberana", defendeu na tribuna do Congreso Néstor Rego.

Durante o debate de orzamentos de Cultura, Néstor Rego tamén defendeu que "hai vida máis aló de Madrid e Barcelona" e o ministerio "debería empezar a respectar" que o Estado é "plurinacional" e alberga "diferentes culturas e linguas".

"E as persoas que falamos galego, tamén pagamos impostos que nutren o Ministerio", dixo, precisamente, na lingua propia de Galicia, para reclamar, a continuación, que os galegos "teñen o mesmo dereito a que se promocione tamén o seu idioma.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

Unha repoública libre , soberana e chea de vellos, que non poderán vivir a base de panfletos. Nun mundo global, onde todo ven de China, e os mercados son globais, ese discurso ten una parroquia moi limitada.