Sobredo lembra os seus 'mártires', tres veciños asasinados por defender a fin dos foros

O acto terá lugar o 28 de novembro, cando se cumpren 99 anos daquel día en que perderon a vida a tiros da Garda Civil Cándida Rodríguez, Xoaquín Estévez e Venancio González durante unha concentración de labregos e labregas que se opoñían ao embargo de bens a un veciño que non pagaba rendas de foros.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2021 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia