Grupos de máximo oito persoas en restaurantes, bares e lecer nocturno desde o sábado en Galicia

A medida publícase nun contexto de subida acelerada dos casos e á vez que a Xunta remitiu a petición de autorización para incorporar o requisito do certificado covid na hostalaría de día.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2021 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade publicou a orde pola que reduce os grupos de persoas no ámbito da hostalaría, de maneira que a partir do sábado quedarán en oito persoas como máximo tanto en restaurantes, bares, establecemento de lecer nocturno e establecementos de lecer nocturno.

A medida publícase nun contexto de subida acelerada dos casos e o mesmo día en que a Xunta remitiu a petición de autorización para incorporar o requisito do certificado covid na hostalaría de día --restaurantes durante toda a xornada de apertura e bares desde as 21,00 horas--. Actualmente, xa está vixente no lecer nocturno, albergues (para o 100 por cen de ocupación en habitacións compartidas sen que sexa grupo burbulla) e para os acompañantes e visitas dos pacientes hospitalizados.

Á espera da resolución do TSXG, que conta con informe favorable da Fiscalía para a súa implantación, a Xunta xa implantou esta redución de grupos, que pasan a ser de oito máximo en interior e de 15 en exteriores.

XUSTIFICACIÓN DA XUNTA

A Xunta xustifica as medidas sobre a base de garantir as medidas de control focalizadas en sectores de maior risco,sumado a que a maior parte dos brotes "prodúcense nun contexto social, como consecuencia de exposicións prolongadas ás secreciones respiratorias que se emiten en forma de aerosois que conteñen o virus".

Nesta liña, argumenta que hai estudos que "proban que, dentro das intervencións non farmacolóxicas, as relacionadas coa diminución dos contactos sociais no interior de establecementos teñen a capacidade de minorar a velocidade da transmisión".

A medida entra en vigor este sábado, 27 de novembro, e estará vixente, polo menos, ata o 18 de decembro, segundo recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG)-bis publicado este xoves.

Arquivo - Varias persoas na terraza dun bar, a 29 de maio de 2021, na Coruña, Galicia (España).. M. Dylan - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Varias persoas na terraza dun bar, a 29 de maio de 2021, na Coruña, Galicia (España).. M. Dylan - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta