As pensións non contributivas recibirán a finais de decembro os 206 euros de complemento

A pesar de non variar a contía de 206 euros, a Xunta remarcou que Galicia é "das poucas comunidades" que mantivo "de forma ininterrompida" durante os últimos anos este complemento, "que non é obrigatorio".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2021 | Actualizada ás 20:33

Comparte esta noticia

O Goberno galego aprobou na súa reunión semanal o complemento extraordinario para os 37.000 perceptores de pensións non contributivas en Galicia.

Esta axuda está destinada aos pensionistas de xubilación e invalidez na súa modalidade non contributiva, a persoas anciás e enfermas con incapacidade para o traballo e beneficiarias de axudas periódicas e a persoas con discapacidade que perciben o subsidio de garantía de ingresos mínimos.

O Goberno investirá case 8 millóns nesta axuda e o ingreso realizarase de oficio a finais de decembro a todos os beneficiarios que reúnan os requisitos.

A contía mantense en 206 euros, pero a Xunta remarcou que Galicia é "das poucas comunidades" que mantivo "de forma ininterrompida" durante os últimos anos este complemento, "que non é obrigatorio".

CENTRO DE ACOLLEMENTO INFANTIL

O Executivo autonómico decidiu tamén prorrogar o acordo de colaboración para o mantemento do Centro de Acollemento Fogar Infantil Emilio Romay da Coruña.

A Xunta ofrece 27 prazas en tres fogares residenciais, un para bebés de ata 15 meses, e dous para o acollemento de menores entre os 15 meses e os 12 anos.

Dúas persoas acoden a un centro sanitario en Ourense a vacinarse / Rosa Veiga - Europa Press.  / Europa Press
Dúas persoas acoden a un centro sanitario en Ourense a vacinarse / Rosa Veiga - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta