Fabiola García declara que o acontecido nas residencias durante a pandemía é "só un recordo"

A conselleira de Política Social destacou que as residencias "foron, son e serán un fogar para os seus usuarios grazas á implicación dos seus profesionais".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/11/2021 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou que as residencias "foron, son e serán un fogar para os seus usuarios grazas á implicación dos seus profesionais".

García defendeu o valor destes centros este venres nunha visita á residencia de maiores de Foz, onde estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias. Alí, os traballadores realizaron unha exposición de máscaras personalizadas que utilizaron durante a pandemia para animar ás persoas usuarias do centro.

"Iniciativas como esta demostran que os traballadores das residencias mostraron o mellor de si mesmos para axudar a que as persoas maiores sentan protexidas e alegres durante os peores momentos da pandemia", asegurou a titular de Política Social.

Neste sentido sinalou que, grazas ao seu traballo, os malos momentos da pandemia "son agora só recordos". Fabiola García lembrou que as residencias de maiores son "hoxe os lugares máis seguros fronte á covid-19 porque os seus usuarios contan xa con tres dose".

A conselleira de Política Social visita a residencia de maiores de Foz. XUNTA DE GALICIA
A conselleira de Política Social visita a residencia de maiores de Foz. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta