Feira de Nadal en Verín na ponte da Constitución

Realizarase do día 4 ao 8 de decembro na Praza García Barbón e contará cuns vinte postos temáticos de artesanía e alimentación. Non faltarán tampouco a animación musical diaria e actividades para os máis pequenos da casa.

Por X.M. Fernández | Verín | 28/11/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A presentación do evento realizouse este venres 26 de novembro no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín estando presentes o concelleiro de Transportes, Feiras e Hostalería, Manuel Lorenzo Feijóo e a concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza Basalo.

Presentación da Feira de Nadal. Foto: Prensa Concello de Verín.
Presentación da Feira de Nadal. Foto: Prensa Concello de Verín.

Segundo destacou Manuel Feijóo, "instalaranse na feira un total de vinte postos temáticos que contarán cunha completa e variada oferta de produtos de artesanía e alimentación, sen esquecernos tampouco do xénero máis típico de nadal como son os agasallos artesáns, a decoración variada ou as típicas figuras para a árbore".

Unha das novidades desta Feira será a animación musical diaria. "Para esta edición preparamos unha selección musical moi especial, e fixémolo contando co talento dos nosos propios veciños e veciñas", explicou Emilia Somoza. Para o desenvolvemento desta actividade instalarase un pequeno escenario no centro da Praza García Barbón no que os asistentes poderán desfrutar coas actuacións de Vitoria Pérez & David  Rodríguez, Nerea Xusto, Coral de Verín, Cuarteto Nova Era, Conservatorio de Musica de Verín e de 'Todo Fitness'.

Tamén haberá un espazo dedicado aos máis pequenos da casa que recibirán a visita de dúas das figuras máis tradicionais do Nadal, como son o Apalpador e Papa Noel. Tamén, desde o luns 6 ao mércores 8 decembro, haberá un servizo de ludoteca infantil no que os nenos e nenas poderán gozar de divertidas actividades lúdicas.

A programación ao detalle atópase na web do Concello de Verín.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta