Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2021 | Actualizada ás 19:29
Meteogalicia activará este domingo senllos avisos amarelos por fortes ventos na montaña de Ourense e por ondas de catro a cinco metros na costa da Coruña --fóra da península do Barbanza-- e Lugo.
A xornada do domingo comezará ás 00,00 cunha alerta amarela por acumulacións de neve de máis de cinco centímetros en 24 horas nas montañas de Ourense e Lugo, unha situación que quedará desactivada ás 6,00 da mañá.
De igual modo, o aviso laranxa que estivo en vigor este sábado por ondas de ata seis metros na costa norte de Galicia reducirá a súa intensidade, xa que desde as 9,00 da mañá do domingo pasará a ser amarela para o resto da xornada.
Ademais, Meteogalicia activará unha alerta amarela por ventos que poderán superar os 80 quilómetros por hora na montaña de Ourense a partir das 15,00 da tarde.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.