A Xunta alerta dos ingresos en UCI "con xente nova sen vacinar"

O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública que achega para xustificar as novas medidas que se sumaron este fin de semana revela que o 65 por cento das persoas ingresadas nas unidades de coidados intensivos dos hospitais galegos desde o 30 de outubro non estaban vacinados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2021 | Actualizada ás 15:18

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, alertou este luns da situación de empeoramento da hospitalización e puxo especial fincapé nos ingresos nas unidades de críticos, en que preocupan os "ingresos directos, con xente nova sen vacinar". Polo momento, a situación "non é complicada" pero desde o venres pasado puxéronse encima da mesa do subcomité clínico posibles novas medidas, entre as que están a extensión do certificado covid a outros ámbitos.

O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública que achega para xustificar as novas medidas que se sumaron este fin de semana (a recuperación do certificado covid para toda a hostalaría) revela que o 65 por cento das persoas ingresadas nas unidades de coidados intensivos dos hospitais galegos desde o 30 de outubro non estaban vacinados.

Ademais, constata que entre o grupo de persoas que non recibiran a vacina, eran "significativamente máis novas que os vacinados: a idade media do non vacinados é de 67,9 anos e a dos vacinados supuxo 73,9 anos. O informe engade que "tendo en conta a porcentaxe de poboación vacinada, pode dicirse que o risco de ingreso de persoas non vacinadas é maior, aínda que ten variacións", precisa.

Concretamente, segundo este informe, no grupo de idade entre 12 a 34 anos, o risco de ingreso é 14 veces máis elevado no non vacinados; no grupo de idade de 35 a 64 anos, o risco é 18 veces máis elevado; e no grupo 65 e máis, é de nove veces máis, pero "tamén teñen nove veces máis risco de falecemento".

NOVAS MEDIDAS

En declaracións aos medios en Dozón, o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, que indicou que este luns ha cotejado co sector o funcionamento do certificado covid en hostalaría, lembrou que a implantación de novas medidas vai depender de se se incrementan de forma considerable os contagios.

"Dependerá da incidencia", subliñou Rueda, quen subliñou que a Xunta "non quere pór medidas que non sexan estritamente necesarias". "Se as que se pon, se cumpren, mentres que o nivel de contagios sexa contido, non será necesario, pero se seguen subindo ou hai incumprimentos", manifestou, existe esta "posibilidade" de novas medidas coa incorporación do certificado a outras actuacións.

Comesaña, pola súa banda, explicou que por agora non está en discusión encima da mesa os horarios da hostalaría, pero si outras medidas que requiren autorización do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Ademais, o vicepresidente primeiro remarcou que a implantación do certificado covid, da que están exentos os menores de 12 anos, dá "máis seguridade" tanto aos traballadores, como aos consumidores. Así, fixo un "chamamento" para que aqueles locais que non o esixían, que o incorporen, posto que é "polo interese xeral de todos".

Rueda referiuse a que a incidencia está "a subir", aínda que dixo que esta subida de casos vese "coa tranquilidade de ter os índices de vacinados máis altos de toda Europa", con menor hospitalización e falecementos. "Pero as normas hai que cumprilas", apuntou.

MENORES DE 12 ANOS

O vicepresidente primeiro lembrou que os menores de 12 anos non teñen que presentar o certificado covid, entre outras cuestións, porque é un colectivo de idade para o que aínda non está aprobada a vacina en España. En todo caso, dixo que se cambiase esta situación con respecto a esta franxa de idade, "sería necesario exhibilo".

No informe do Diario Oficial de Galicia (DOG)-bis do pasado venres, tamén se recolle a situación dos menores de 12 anos, sobre os que sinala que "existe evidencia do papel residual que xogan na transmisión do SARS-Cov-2, a pesar de que, inicialmente, pensouse que poderían ter o mesmo papel que teñen na transmisión da gripe".

Desta maneira, nunha revisión sistemática de máis de 700 artigos científicos, observouse " que a carga viral dos nenos é menor que no caso dos adultos, xa que en xeral son asintomáticos", o que, apunta, "reduce o risco de transmisión".

O informe de Saúde Pública tamén inclúe que, noutro estudo, no que se analiza o papel dos nenos na transmisión da covid-19, os investigadores conclúen que os nenos con covid "adquiren a súa infección a través dun adulto, existindo transmisión secundaria a partir dos nenos dentro das familias, nas escolas e noutros espazos na comunidade".

Sobre esta base, a Xunta considerou "pertinente" eximir a este grupo de idade da presentación de certificado covid, tendo en conta ademais que "son usuarios minoritarios da hostalaría e restauración" e que "hoxe en día non se poden vacinar", aínda que a EMA vén de autorizar a administración de Pfizer no grupo 5 a 11 anos e a Xunta quere vacinalos canto antes, se pode ser, nas vacacións do Nadal.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no Parlamento galego
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no Parlamento galego | Fonte: Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta