Por E.P. | Ourense | 29/11/2021 | Actualizada ás 19:34
A Deputación de Ourense acordou suspender a edición 2021-2022 de Pazolandia, despois da reunión mantida polo presidente provincial, Manuel Baltar, e o asesor de Deportes, Bernardino González, na que analizaron a actual situación sanitaria provocada pola covid-19, cuxa evolución desaconsella a organización de actividades multitudinarias en espazos pechados.
Manuel Baltar expresou o seu máis firme desexo de que o próximo ano "se poida abrir de novo o maior parque de atraccións de Galicia".
Ao tempo, fixo unha chamada á prudencia a todos os veciños da provincia nuns momentos complexos e ás portas "dunhas festas moi familiares, pero tamén de enorme importancia para empresas e negocios".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.