Atopada a moza de 28 anos desaparecida en Abegondo

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/11/2021 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

A moza de 28 anos que faltaba do seu domicilio en Abegondo (A Coruña) desde o domingo foi localizada, segundo confirmaron desde SOS Desaparecidos, que deron a alerta.

Trátase de Caterina Estévez Fraga, de 1,60 de estatura, complexión normal, pelo negro liso e ollos azuis, apuntaron en relación á súa descrición física.

Ademais do mail de SOS Desaparecidos, info@sosdesaparecidos.es, facilitaron tamén para axudar na procura os teléfonos 642 650 775 e 649 952 957 en caso de ter algún dato sobre ela.

Moza desaparecida en Abegondo
Moza desaparecida en Abegondo | Fonte: SOS DESAPARECIDOS.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta