Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/11/2021 | Actualizada ás 20:27
A covid-19 segue causando vítimas mortais en Galicia. Este luns notificáronse tres novos falecementos de pacientes diagnosticados por coronavirus, un en Vigo, outro en Verín e un terceiro en Burela.
Concretamente, notificouse a morte, o pasado 26 de novembro, dun home de 72 anos no hospital de Verín; outro de 77 anos, o 27 deste mes, no CHUVI de Vigo, e unha muller de 92 anos no hospital de Burela, onte.
Todas as vítimas tiñan patoloxías previas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.