Anpas galegas pídenlle ao conselleiro de Educación que "rectifique" o calendario escolar

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2021 | Actualizada ás 21:15

Comparte esta noticia

A Confederación de Anpas galegas e todas as federacións que a conforman informaron de que rexistraron un escrito dirixido ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, no que esixen que "se modifique o calendario escolar" para "impedir que o alumnado galego de ESO perda un mes de curso, que é o que pretende a Consellería".

As Anpas sosteñen que o calendario escolar aprobado no seu día, coa súa "oposición explícita", tiña como "única finalidade dar tempo para poder celebrar no mes de xuño" a convocatoria extraordinaria, e tamén "para que houbese uns días, 15 en concreto, para preparala".

Agora, lembran que "xa non hai convocatoria extraordinaria", polo que as familias --remarcan-- non están dispostas "a que a Consellería roube case un 10% de curso" para facer cadrar "as contas administrativas".

"As nosas fillas e fillos teñen dereito ás máximas oportunidades para enfrontarse á única convocatoria que teñen para superar o curso académico; e as clases de apoio e reforzo tras as avaliacións son unha completa bobada, e vostede sábeo", trasladan ao conselleiro.

Neste punto, esixen que se rectifique o calendario para o fin de curso, no sentido de levar a última avaliación do curso máis aló do 21 de xuño.

Pais e nais de alumnos concéntranse ante o CEIP Castelao de Vigo. ANPA ALFONSO RODRÍGUEZ CASTELAO
Pais e nais de alumnos concéntranse ante o CEIP Castelao de Vigo. ANPA ALFONSO RODRÍGUEZ CASTELAO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta