O presidente da Autoridade Portuaria da Coruña dá positivo en covid

Martín Fernández Prado deberá gardar a corentena estipulada.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 30/11/2021 | Actualizada ás 17:11

Comparte esta noticia

O presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández Prado, deu positivo en covid, segundo confirmaron a Europa Press fontes deste organismo.

Fernández Prado someteuse o luns a unha proba diagnóstica, unha PCR, indicaron as mesmas fontes, e finalmente confirmouse que era positivo.

Por este motivo, o presidente do porto coruñés terá que gardar a corentena estipulada para os casos deste tipo, de acordo coa normativa sanitaria.

O presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández Prado, e a portavoz de Marea Atlántica, María García / Autoridade Portuaria da Coruña. / Europa Press
O presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández Prado, e a portavoz de Marea Atlántica, María García / Autoridade Portuaria da Coruña. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta