Sanidade concreta que os mozos en UCI sen vacinar sitúanse na franxa dos 30 anos e apela a inmunizarse

Sinala que as repescas "van mantendo un número constante pero pequeno".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/11/2021 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, dirixiuse especialmente aos mozos do rango de 30 anos, que é a franxa de idade con menor índice de vacinación en Galicia e a que, concretou, está a experimentar ingresos nas unidades de coidados intensivos de forma directa por parte dos que están sen inmunizar.

En declaracións aos medios antes de visitar a nova sede de Cáritas en Santiago, o titular da Administración sanitaria volveu a facer un chamamento á vacinación como mellor camiño para combater a pandemia orixinada polo coronavirus e, así mesmo, fixo un chamamento para que os que "non se puxeron nin a primeira nin a segunda, aproveiten a ocasión".

"É o momento de facelo, estamos a ver, ademais, ingresos en UCI de xente nova sen vacinar e a verdade é que esta ocasión é moi boa", significou, para vacinarse e completar a inmunización.

Preguntado por que número de persoas sen vacinar e mozas están na UCI, Comesaña apuntou que, sen dar datos concretos porque "afortunadamente" son "poucos pacientes e sería ata fácil saber de quen estamos a falar", son persoas no "rango dos 30 anos", precisamente a que menor índice de vacinación presenta en Galicia.

Por iso, quixo lanzar "unha mensaxe especial á xente nova que está sen vacinar, que aproveite agora que os centros están aberto sen cita" para acudir a porse esas primeiras doses.

Os últimos datos do informe de Saúde Pública sobre ingresos en UCI revelan que, en UCI, o grupo de persoas que non recibiran a vacina, eran "significativamente" máis novas que os vacinados: a idade media do non vacinados é de 67,9 anos e a dos vacinados supuxo 73,9 anos.

REPESCAS

Ademais, á pregunta de se se están contabilizando repescas entre os 160.000 galegos que estaban sen pór a primeira dose, Comesaña indicou que se "vai mantendo un número constante pero pequeno" de persoas que "se van vacinando".

"Son benvidos, pero gustaríanos que foran máis e que foran todos", sentenciou.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na planta de Biofabri do Porriño, con motivo dunha visita da ministra de Sanidade, Carolina Darias, ás instalacións
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na planta de Biofabri do Porriño, con motivo dunha visita da ministra de Sanidade, Carolina Darias, ás instalacións | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta