Os encoros galegos atópanse ao 42,14% da súa capacidade tras unha semana sen apenas variación

Gañaron san un hectómetro cúbico nos últimos sete días.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2021 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

Os encoros galegos atópanse ao 42,14% da súa capacidade, practicamente como a semana pasada ao gañar só un hectómetro cúbico de auga nos últimos sete días, segundo datos difundidos este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Miteco).

En concreto, as presas galegas rexistran 1.565 hectómetros cúbicos de auga dos 3.714 que poden almacenar. Así, os encoros da conca hidrográfica Miño-Sil contan con 1.224 hectómetros cúbicos de auga, seis máis que a semana pasada, polo que están ao 40,4%.

Pola súa banda, as presas da conca Galicia Costa atópanse ao 49,9% da súa capacidade con 341 hectómetros cúbicos embalsados, cinco menos que fai sete días.

A nivel estatal, a reserva hídrica está ao 39,2% da súa capacidade total. Os encoros españois almacenan actualmente 21.999 hectómetros cúbicos de auga.

Encoro de Belesar, preto dos Peares.
Encoro de Belesar, preto dos Peares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta