(Vídeo) Espectacular incendio dun camión en Negreira

O incidente obrigou a cortar parte da estrada entre A Pereira e Fontecada.

Por Galicia Confidencial | Negreira | 30/11/2021 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

Un camión grúa ardeu por completo esta tarde en Negreira, entre A Pereira e Fontecabada, o que provocou imaxes de tensión entre os conductores que pensaron que se podía tratar dunha esplosión.

Camión ardendo en Negreira
Camión ardendo en Negreira | Fonte: GC

Fontes da Garda Civil consultadas por GC, confirmaron que se tratou do incendio dun camión grúa e que, coa calor, algunhas partes do mesmo, sobre todo as rodas, saíron despedidas, pero negaron que estoupara.

O incidente saldouse sen ningunha persoa ferida. Foi necesario cortar parte da estrada afectada e agardar a enfriar os restos do vehículo queimado para que, ao longo da tarde deste martes, outra grúa proceda a retirar o camión calcinado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta