Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2021 | Actualizada ás 20:35
O deputado do BNG, Néstor Rego, rexistrou unha iniciativa no Congreso co obxectivo de que o Ministerio de Transportes "rectifique a súa decisión de reducir e empeorar os horarios propostos por Renfe para a liña Avant que une A Coruña-Santiago-Ourense".
A formación nacionalista reclama "recuperar e incrementar" as frecuencias ofertadas antes da pandemia e o abaratamento dos billetes para aumentar o número de usuarios, así como doutras liñas que foron "suprimidas", como Lugo-Santiago ou implantar o servizo de proximidade nas cidades e áreas urbanas.
"Non pode ser que o comezo do funcionamento do AVE Ourense-Madrid o próximo 21 de decembro implique empeorar os servizos ferroviarios interiores do país", critica o deputado nacionalista.
Neste sentido, expón que "hai persoas que terán que ir puntualmente a Madrid, pero son infinitamente máis as que teñen que moverse todos os días nos desprazamentos obrigados por razóns laborais ou de estudos, polo que é imprescindible ampliar frecuencias, adecuar horarios e baixar os prezos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.