O conselleiro de Economía felicita a Marta Ortega polo nomeamento e agradece o traballo de Pablo Isla

Francisco Conde trasladou o "recoñecemento ao labor de Inditex como empresa tractora nestes anos".

Por E.P. | A CORUÑA | 01/12/2021 | Actualizada ás 11:02

Comparte esta noticia

O vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Economía, Francisco Conde, felicitou a Marta Ortega polo seu nomeamento como presidenta de Inditex, á vez que destacou o traballo desenvolvido ata a data por Pablo Isla.

A preguntas dos xornalistas, trasladou un "recoñecemento ao labor de Inditex como empresa tractora nestes anos" coa presidencia de Pablo Illa e agradeceu a "innovación nos mercados". "A capacidade para atraer talento e nese sentido converteu Galicia nun referente nestes últimos anos desde o punto de vista téxtil". Por iso, agradeceu o labor de Pablo Isla "cunha cultura de empresa que é o que diferencia a Inditex".

"Esa cultura de empresa seguro vai ter continuidade coa nova presidenta", dixo sobre Marta Ortega á que desexou "todos os éxitos neste proxecto estratéxico para Galicia e para España".

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, nunha imaxe de arquivo comparecendo ante os medios. EUROPA PRESS - Arquivo
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, nunha imaxe de arquivo comparecendo ante os medios. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta