Convocan unha manifestación contra a "falsa moratoria" da Xunta aos eólicos

A coordinadora "Eólica, así non" cifra en 300 os proxectos do vento actualmente en curso en Galicia.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2021 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

As mobilizacións contra o actual modelo de implantación de enerxía eólica en Galicia seguen adiante a pesar da moratoria anunciada polo Goberno autonómico. A coordinadora “Eólica, así non”, que agrupa a 58 asociacións vencelladas ao ecoloxismo e a loita veciñal, vén de convocar unha nova manifestación para o vindeiro sábado 11 de decembro, no que denunciarán a "falsa" moratoria da Xunta de Galicia. 

Centos de persoas participan en Santiago de Compostela nunha manifestación contra os parques eólicos. César Arxina - Europa Press
Centos de persoas participan en Santiago de Compostela nunha manifestación contra os parques eólicos. César Arxina - Europa Press

A xornada terá lugar co gallo do Día Mundial das Montañas e acollerá concentracións, manifestacións, andainas, mesas redondas e outras actividades en 22 puntos do territorio galego, que, segundo destacan son os "máis afectados" polos últimos proxectos. Neste aspecto, adiante que esixirán unha moratoria eólica "real e efectiva" fronte á anunciada pola Xunta de Galicia e que, como xa sinalou esta xornal, viña cargada de letra pequena.

En particular, destacaba o feito de que a Xunta se reservara a posibilidade de tramitar proxectos que vira de particular interese a través do seu Consello. Dende a coordinadora optan por subliñar que o territorio galego segue a ser "vítima de 300 proxectos [eólicos] máis cando leva décadas de explotación eólica sen control". A este respecto, aseguran que se trata dun "expolio para o servizo das multinacionais" que conta "coa connivencia das administracións públicas". 

PROTECCIÓN DO RURAL

"É unha farsa dende o punto que a toda hora se pregoa a necesidade da pervivencia do rural en Galicia", inciden. "A agricultura precisa do monte, a auga provén do monte, os montes son a primeira refencia da paisaxe, o monte contén valores culturas e idiosincráticos, e por suposto no monte están os espazos ambientais de maior valor. Que futuro quere o noso goberno para Galicia?!", lanzan.

A mobiliación deste 11 de decembro supoñerá unha continuación da acollida en Santiago de Compostela o pasado 5 de xuño en tanto que demandará non facer caer as enerxías renovables en Galicia senón desenvolvelas cunha "planificación enerxética seria", da que, para a coordinadora "o primeiro punto é ter unha xestión pública efectiva e non unha tapadeira para beneficios privados".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta