Polémica polos ataques do ABC á victoria de Xesús Fraga no Premio Nacional de Narrativa

Unha columnista insinúa que a victoria tivo que ver máis coa lingua empregada --o galego-- que coa calidade da obra. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega critica o "tinte colonialista" do comentario.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2021 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Polémica no eido da literatura tras insinuar unha xornalista que a victoria do galego Xesús Fraga no premio nacinal de Narrativa coa obra Virtudes (e misterios) veu marcada por estar escrito en galego. O trunfo da novela, redactada en galego, foi recibido con ledicia e celebración de parte dos círculos literarios galegos e tamén de boa parte dos medios de comunicación en castelán que se fixeron eco da nova.

Obra 'Virtudes', de Xesús Fraga. ED. GALAXIA
Obra 'Virtudes', de Xesús Fraga. ED. GALAXIA

Non foi o caso dunha columnista do ABC que, xornadas atrás, lanzou un cuestionamento ao galardón: "Cabe pensar que o Nacional premia a lingua por enriba do libro? Acaso a literatura non é suficiente?". Na mesma columna, dá a entender que o descoñecemento do autor entre os círculos literarios en castelán tiña relación coa "escasa relevancia da obra".

O artigo vén de ser respondido pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que saíu en defensa duns comentarios nos que critica o "tinte colonialista" e que "definen a quen os emite como ignorantes incapaces de consultar a información a que todas e todos temos acceso".

Fronte ao que consideran un "ataque explícito" ao recoñecemento recibido por Fraga, reivindican a traxectoria do autor e deixan clara a súa "admiración" polo premio. "Entendemos que ningunha institución cultural galega que defenda a nosa lingua e o papel imprescindíbel das escritoras e escritores pode quedar indiferente ante estas agresións".

A autora do artigo facía fincapé no feito de que os últimos galardóns achegados no marco do Premio Nacional tiveron como obxecto obras en linguas cooficiais, e ligou o feito á presenza do socialista Miquel Iceta no Ministerio de Cultura, ante o cal destacou o papel da figura do "federalismo cultural". "Sen dúbida, o lingüístico vén de pasar a ser unha categoría máis reivindicativa que estética", aseguraba. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Alienao

As couces da metrópole!