Crise do leite: Galicia perde 400 granxas pola alza dos custos de produción

O importe de compra por parte das industrias segue á cola do estado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2021 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

O prezo do leite que venden os gandeiros galegos repuntou en outubro ata os 34,2 céntimos por litro, un céntimo máis que en setembro, segundo os datos publicados polo Ministerio de Agricultura. Con todo, esta cifra segue á cola do Estado, onde a media se atopa en 35,3 céntimos por litro. A modo de exemplo, o prezo galego é tres céntimos inferior ao da veciña Asturias (37,2 céntimos).

De feito, Galicia é a única comunidade peninsular na que se paga menos de 35 céntimos por litro, xunto con Cantabria (34,8 céntimos). Deste xeito, a media de subida española en outubro (de 1,1 céntimos) respecto de setembro é lixeiramente superior á galega (un céntimo máis). Nun contexto de mobilizacións do sector galego contra a industria para que repercuta nos gandeiros as subidas da distribución, despois de que os custos de produción disparáronse nos últimos meses, as últimas cifras publicadas polo Ministerio constatan que continúa a perda de granxas lácteas.

Así, a cifra global de produtores con entregas xa baixa dos 6.500 en Galicia, pois son 6.443, o que supón 59 menos que setembro. En comparación con outubro de 2020, hai 381 explotacións lácteas menos. Pola súa banda, a produción no décimo mes incrementouse ata as 247,5 toneladas, unhas 6.000 toneladas máis que no mes de setembro.

Dous gandeiros coas súas vacas, durante unha tractorada convocada por Agromuralla en Lugo para esixir mellor prezo do leite, a 4 de novembro de 2021, en Lugo, Galicia (España). A tractorada na que participaron 1.000 persoas e 22 tractores, foi. Carlos Castro - Europa Press
Dous gandeiros coas súas vacas, durante unha tractorada convocada por Agromuralla en Lugo para esixir mellor prezo do leite, a 4 de novembro de 2021, en Lugo, Galicia (España). A tractorada na que participaron 1.000 persoas e 22 tractores, foi. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta