Como pode mellorar o sector hostaleiro ante o repunte de casos positivos en Galicia ?

Ante a chegada inminente das próximas festas de Nadal e có repunte de casos que está a vivir Galicia na actualidade, un dos sectores máis damnificados será o da restauración .

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

As restricións para paliar o avance da COVID-19 no noso país volven a ser necesarias, sobre todo con motivo de frear o repunte de casos positivos en todo o territorio. Incremento que ameaza con perxudicar a melloría que xa experimentaba a nosa economía, e que, coas próximas festas de Nadal á volta da esquina, prevese que estas medidas poidan facer dano a recuperación de certos sectores do noso país.

Arquivo - Terrazas de restaurantes cheas de xente en Santiago de Compostela.. Álvaro Ballesteros - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Terrazas de restaurantes cheas de xente en Santiago de Compostela.. Álvaro Ballesteros - Europa Press - Arquivo

Un dos principais damnificados será o sector da restauración, grupo no que recaen a maioría das restricións e que complica a xestión de bares e restaurantes coa chegada inminente das festas de Nadal.

Moitos restaurantes terán que facer fronte a unha maior demanda xunto ás medidas ás que xa estaban habituados, como a limpeza exhaustiva de mesas e cadeiras entre usuarios, ou a asignación de mesa a través dun camareiro. A estas medidas súmase outra: o pasaporte covid

CONSELLOS PARA A RESTAURACIÓN

Para levar a cabo unha xestión correcta e sen complicacións, os restaurantes poden seguir estes consellos. En primeiro lugar ten que haber un alto nivel de adaptación, xa que os restaurantes que se adapten as diferentes dificultades, poderá asegurarse un futuro no tempo. Posteriormente, debe haber unha xestión sostible e eficiente, adquirindo recursos de proximidade e sostibles coa natureza.

Por outra banda, teñen que innovar nas opcións ao cliente, como pode ser a incorporación dun equipo de delivery ou unha tenda e-commerce. E por último, contar con ferramentas eficientes que nos facilite o traballo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta