Temas: XUNTA RURAL ABANCA

A Xunta concede unha subvención a Abanca de 1,2 millóns para que instale caixeiros en 38 concellos

Son concellos adheridos ao convenio autonómico activado para manter servizos financeiros no rural.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 03/12/2021 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

A Consellería de Facenda publica este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha resolución pola que concede unha subvención de ata 1,2 millóns de euros nos próximos catro anos a Abanca Corporación Bancaria SA para instalar, pór a funcionar e manter caixeiros automáticos nun total de 38 concellos adheridos ao convenio autonómico activado para manter servizos financeiros no rural.

Muller sacando diñeiro dun caixeiro automático do banco ABANCA.
Muller sacando diñeiro dun caixeiro automático do banco ABANCA.

En concreto, a resolución concreta que se concederá a subvención a Abanca para "incentivar e fomentar" a prestación de servizos bancarios básicos consistentes na instalación, mantemento e posta en funcionamento de caixeiros automáticos e a prestación dun servizo de asistencia e formación financeira en entidades locais galegas. Todo iso, para as anualidades de 2021 a 2025.

O importe máximo da subvención é de 1.217.520 euros, nos termos e condicións contemplados na Orde de 18 de xuño de 2021; e o módulo para a instalación, mantemento e posta en funcionamento de caixeiros automáticos terá unha asignación máxima de 7.100 euros anuais por caixeiro.

O paso da Xunta prodúcese nun contexto onde diversas entidades e partidos agudizaron as súas críticas pola retirada de servizos bancarios de concellos do rural.

Temas: XUNTA RURAL ABANCA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta