Ecoloxistas en Acción de Ourense rende homenaxe a Marián Blanco, comprometida coa defensa animal

A organización ecoloxista colocou unha lápida polo aniversario do seu falecemento.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 03/12/2021 | Actualizada ás 21:21

Comparte esta noticia

Hai un ano Marián Blanco Hermida faleceu en Ourense por mor dunha caída
cando facía o seu percorrido diario para alimentar a colonias felinas da cidade. Segundo un comunicado de Ecoloxistas en Acción "Nese momento as súas compañeiras e amigas recolleron a súa testemuña para que ditas colonias non quedasen abandonadas, do mesmo xeito que a súa familia non humana".

Lápida Marián Blanco
Lápida Marián Blanco | Fonte: PGDA

Desde a Plataforma  Galega para a Defensa Animal e da Natureza quíxose
homenaxear  a Marián colocando  "unha lápida para que o seu lugar de descanso
non sexa unha parede baleira,
senón un espazo onde todo o que pase e a vexa pense en que
aí xace unha persoa especial que dedicou a súa vida ao coidado dos animais".

A Plataforma quixo agradecer a todas as persoas que apoiaron esta iniciativa "e achegaron
o seu gran de area para que fose posible custear a lápida"
. Agradecementos
especiais a  Ecoloxistas en Acción Lugo,  Ecoloxistas en Acción Ourense, ás compañeiras de Marián, á Funeraria Santa Mariña e á Florería Santa Mariña de Ourense.

“Marián, non te esquecemos”, declaran no comunicado da agrupación ecoloxista. Engaden que tampouco esquece a todas "as alimentadoras de colonias, que día a día, sen importar que faga frío, calor, chova ou neve, van coidar das súas colonias, dándolles a estes animais moitísimo amor e a oportunidade de que consigan un fogar".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 z de ZARDOF

Din que un dos factores de exterminio dos paxaros son os gatos abandoados... din que en australia iniciaron campaña para a liquidacion de dous millons de felinos... non se esquezan do perigo da biodiversidade... falsos ecoloxistas