Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2021 | Actualizada ás 18:08
O presidente da xestora do PP compostelán, Borja Verea, convocou o pasado xoves no Hotel Porta do Camiño a máis de 250 militantes e simpatizantes para "pór a marcha" o partido para as próximas eleccións municipais.
Segundo informou o PP compostelán, no acto estivo acompañado, ademais, polo presidente do PP provincial, Diego Calvo; o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy; os conselleiros Rosa Quintana e Román Rodríguez; e outros dirixentes populares do ámbito parlamentario e municipal como Paula Prado, Marta González e Alejandro Sánchez-Brunete.
Verea reivindicou a "meta compartida" de que o próximo alcalde de Santiago sexa do PP e Calvo apelou á unidade.
"Os bos resultados veñen só cando traballamos unidos", sentenciou o presidente provincial, quen considerou o propio acto como unha proba de que o PP de Santiago "ten ganas de gañar".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.