Falece unha muller de 91 anos que fora diagnosticada con Covid

A morte eleva a 2.682 as vítimas mortais pola pandemia en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/12/2021 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias galegas informaron doutro falecemento rexistrado na Comunidade, que eleva a 2.682 as vítimas mortais por mor da pandemia en Galicia.

O falecemento, dunha muller de 91 anos, produciuse o pasado 5 de decembro no Complexo Hospitalario de Pontevedra.

As autoridades sanitarias trasladaron que a muller falecida tiña patoloxías previas.

Hospital de Montecelo, en Pontevedra
Hospital de Montecelo, en Pontevedra | Fonte: aldhos.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta