Sen pistas sobre a muller de 63 anos desaparecida desde o pasado sábado en Oroso

Continúa a súa busca.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2021 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

O dispositivo de procura dunha muller de 63 anos que leva desaparecida desde o pasado sábado na poboación de Sigüeiro, no municipio coruñés de Oroso, segue este martes con diversos medios, entre eles cans de rastrexo.

Segundo informaron a Europa Press fontes do dispositivo, este martes participan patrullas da Garda Civil, voluntarios de Protección Civil, efectivos da Policía Local e do Grupo Cinolóxico de Ourense con cans de rastrexo.

Debido ao mal tempo, tampouco este martes poden voar os drones da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) para participar por aire no operativo de procura da desaparecida. A Garda Civil tivo constancia da desaparición de María Asunción Cardama Furelos, de 63 anos, ás 00,25 horas do pasado día 5, na madrugada do sábado ao domingo, tras o que se activou un operativo de rastrexo.

Segundo informou o 112 Galicia, a muller e o seu home chagaran á porta do garaxe da vivenda, pero o home ao regresar ao seu domicilio decatouse que a súa esposa non estaba.

DATOS

Segundo o cartel difundido pola asociación SOS Desaparecidos, María Asunción Cardama Furelos é delgada e mide entre 1,50 e 1,60 metros. Ten o pelo cor caoba e os ollos negros. Ademais, a última vez que foi vista levaba un vaqueiro azul con roturas no xeonllo e na cadeira, así como unhas botas de cor marrón.

María Asunción Cardama Furelos, muller de 65 anos desaparecida en Sigüeiro, Oroso (A Coruña).. SOS DESAPARECIDOS
María Asunción Cardama Furelos, muller de 65 anos desaparecida en Sigüeiro, Oroso (A Coruña).. SOS DESAPARECIDOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta